
Gran comezo de campionato da tripulación que lidera a viguesa Margarita Cameselle e pertencente á Real Federación Española de Vela.
Tras a primeira xornada da Caixanova Women Match Race que organiza o Club Náutico Punta Lagoa, proba puntuable con Grado 1 para o Circuíto Mundial desta especialidade olímpica, as españolas colleitaron catro vitorias en cinco encontros. Os seus vítimas: a segunda tripulación española de Tamara Echegoyen, as italianas, as portuguesas de Rita Gonçalves (número 20 no ránking mundial) e as suecas de Karin Hagström, unha das mellores especialistas do vello Continente. Con estes resultados España A, coa viguesa Margarita Cameselle como patroa, lidera o xeneral provisional, empatada a puntos con Suecia, polo cal a posibilidade de acadar as semifinais, que era o obxectivo do preparador do Equipo Olímpico Español, Paul Maes, parece máis accesible.
Pouco vento en xeral na mañá, cun problema organizativo grave, pois o Oficial Principal de Regata o lusitano Joao Alen non chegaba a Vigo aquejado de enfermidade, que lle provocou que antonte fose hospitalizado. O seu posto tíñao que suplir o vigués Secundino Cigarrán. Ata o mediodía soamente tiñan lugar seis encontros. Na apertura a irregular Julie Bossard de Francia caía ante Karin Hagström de Suecia, para posteriormente imporse a Tamara Echegoyen. Suecia pola súa banda desfacíase sen problemas de Portugal con Rita Gonçalves á cana e as portuguesas no encontro seguinte impíñanse a Italia de Cristiana Monina. Os dous últimos match antes da primeira suspensión por falta de vento, eran para Margarita Cameselle, que saldábaos con sendas vitorias sobre Monina e Echegoyen.
Tras un parón de máis de dúas horas, a primeiras horas da tarde, e xa cun vento iniciado de 10 nós do oeste, o comité montou un novo campo de regatas, Xa coa frota de Tom 80 no mar e reemprendéronse as mangas nas que Margarita caía ante a francesa Bossard, e que suporía a única derrota da xornada da patroa viguesa. A partir de aí nova Victòria das suecas ante as mozas de Tamara Exchegoyen, que lograba por certo a súa única Victòria ante Rita Gonçalves. Polo demais chegábase ao fío das seis e media da tarde cando se enfrontaban nos últimos encontros da xornada de apertura, Rita Gonçalves e Bossard (gañou a lusitana) e Suecia contra España. Neses momentos Suecia levaba 4 de 4, mentres Cameselle 3 de 4. Victoria de las mozas da viguesa, que lles encarama provisionalmente no xeneral.
Caixanova Women Match Race-Clasificación provisional
1ª ESPAÑA (Marga Cameselle) 4 vitoria en 5 encontros,
2ª SUECIA (Karin Hagström) 4 de 5,
3ª FRANCIA (Julie Bossard) 2 de 5,
4ª ITALIA (Cristiana Monina) 1 de 4,
5ª ESPAÑA (Tamara Echegoyen) 1 de 4
6º PORTUGAL (Rita Gonçalves) 2 de 5.


