miércoles, 26 de diciembre de 2007


O Náutico de Punta Lagoa prepara a súa tempada 2008 con gran ilusión.
A proposta principal está nos equipos de regatas de Match Race Feminino, a creación de 3 equipos coas mellores regatistas fai que se animen a un proxecto con futuro de cara ao 2012. O Match Race Feminino empeza a ter bastante forza a nivel nacional e internacional, e aínda que non está moi instaurado en Galicia, o Náutico de Punta Lagoa leva uns anos apostando por esta modalidade e varios equipos.
Este Náutico ofrece un 4º barco para formar unha tripulación feminina que poida estar interesada neste proxecto. Só piden ganas de navegar e disposición, co que logo xa virán as horas de adestramento e regatas.
Así que se hai algunha moza interesada ou sabedes de alguén que gustaríalle meterse, que non dude en contactar co Club de Punta Lagoa, facer un comentario no blog ou contactar co comitefemenino@fgvela.com

Unha aperta

martes, 18 de diciembre de 2007



Boas festas a todos, e que teñades unha entrada de ano cos mellores ventos para navegar.

viernes, 14 de diciembre de 2007

jueves, 22 de noviembre de 2007

Benvidos a nova sección da Federación Galega de Vela.

Benvidos á nova sección da Federación Galega de Vela.

Presentamos unha proposta de futuro, o novo Comité de Vela Feminino.

Neste comité intentarase destacar e axudar na medida do posible ás regatistas femininas, polos seus logros obtidos, polo esforzo que poida supoñer, polos seus soños... e por outra beira potenciar este deporte tan bonito ás novas mozas que se animen.

Non excluímos a ninguén, e xa que logo, ninguén mellor que vós os rapaces para axudarnos no noso novo proxecto.

Desde aquí queremos facervos chegar toda a información que nos sexa posible sobre a vela feminina en Galicia, presentarvos ás regatistas mais salientadas, as clases nas que navegan, entrevistas, fotografías, charlas ou conferencias que sexan do voso interese, así como ideas e propostas que o Comité de Vela Feminino queira desenvolver ou realizar ao longo da tempada.

Agradecervos as vosas visitas e ofrecervos o noso correo electrónico para que podades poneros en contacto co Comité de Vela Feminina e deste modo facernos chegar propostas, comentarios ou ideas que vexades poidan ser interesantes.

Poderedes contactar connosco a través de este blog ou en comitefemenino@fgvela.com

Moitas grazas e a navegar!