miércoles, 15 de julio de 2009

FINALIZA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SNIPE


Loreto Núñez e Carmen Vergara rematan cuartas no Campionato de España de Snipe.

A última xornada do Campionato de España Xuvenil e Feminina, organizado polo Liceo Casino de Vilagarcía, respiraba tensión entre os primeiros grupos de clasificados, sendo máxima na das mozas, cuxa diferenza das primeiras ás cuartas, era dun punto. O podio ao completo estaba empatado a 11 puntos, e as liceístas Núñez e Vergara, con 12, na cuarta posición. Finalmente, e despois de tres probas validadas, as que restaban para completar o programa deportivo da regata, Julia Marfil e María García Llanas, se proclamaron Campioas de España Feminina de Snipe, coroando o caixón con 19 puntos. As regatistas do Club de Mar Almería non foron hoxe as mellores pero si as máis regulares, e ese obxectivo cumprido lles proporcionou o nacional da especialidade. O Subcampionato lle adxudicárono as irmás Requena, Soledad e Ester, do Real Club Mediterráneo de Málaga, con 21 puntos. A terceira praza do podio se foi para Asturias. Ángela Pumariega e Carmen Mateo, do Real Club Astur de Regatas se van de Vilagarcía con 23 puntos no seu saldo, os mesmos que Núñez e Vergara, que por diferenzas de resultados se tiveron que conformar con acariciar os postos destacados do podio.
O bo facer de Loli Camba e Helena Chaves, que tamén corrían por Vilagarcía e que foron sextas, ou a sétima praza conseguida por Marta Pérez e Lucía Veiga, do Real Club Náutico da Coruña.

martes, 14 de julio de 2009

CAMPIONATO ESPAÑA SNIPE 09


Loreto Núñez e Carmen Vergara vanse ata a cuarta posición da xeral provisional

A segunda xornada do Campionato de España de Snipe, que estes días, e ata mañá martes, dispútase nas categorías Xuvenil e Feminino, viviu un intenso día de regata, con tres probas completadas, nunha Ría de Arousa que mostrou unha excelente meteoroloxía para o desenvolvemento das mesmas. Vento do suroeste, con 12 e 14 nós de media, e a aplicación do primeiro descarte, ao entrar na cuarta manga do Trofeo Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

As que sufriron máis nesta segunda xornada do Trofeo Autoridade Portuaria de Vilagarcía foron as galegas Loreto Núñez e Carmen Vergara, que de liderar o Campionato de España en mulleres, descolgáronse ata a cuarta praza. As regatistas que corren polo club anfitrión, o Liceo Casino de Vilagarcía, están na xeral con 12 puntos. Apertado caixón nas tres primeiras posicións onde os tres equipos líderes atópanse empatados a 11 puntos, boa mostra do gran nivel das participantes. Son cabeza de serie as asturianas Ángela Pumariega e Carmen Mateo, do Real Club Astur de Regatas. Séguenlles na segunda posición as almerienses Julia Marfil e María García, do Club de Mar de Almería, sendo terceiras, as irmás Requena, Soledad e Ester, do Real Club Mediterráneo de Málaga.

Con este panorama e cos resultados tan axustados todo está por decidir, nunha terceira e última xornada que se correrá mañá e que será determinante para a composición de ambos os podios.

viernes, 3 de julio de 2009

REGATISTAS GALEGAS NA TROIA MATCH RACE


Regatistas galegas asistiron a unha das regatas máis importantes no Match Race, unha regata de grao 2, onde se citan tripulacións de entre as 15 primeiras do ránking. A regata Troia Match Cup tivo lugar na Península de Troia (Portugal) do 23 ao 27 de xuño.
En representación da Federación Galega de Vela asistiron Margarita Cameselle como patroa, Alba Rego, Amelia Gómez, Bea Quintá, Marta Rego e Esperanza Barreras. Estas mozas se mediron, non só con tripulacións que levan anos no mundo do Match, senón cun dos barcos máis duros e a un tempo preparados para regatas deste tipo, un 40 pés que lles custou un pouco nalgunha das súas manobras, pero que finalmente puideron dominar para batirse coas súas contrincantes.
Despois de varios días de regata onde se chegaron a completar 3 Round estas mozas se clasifican en 3ª posición e con iso o último día lle debatiran coa 4ª clasificada para o resultado final.
O primeiro fly gañou a tripulación de Margarita, pero pola tarde os ventos subiron un pouco máis e as contrincantes se encheron de enerxía para finalmente gañar as seguintes dúas últimas probas.
Unha experiencia única, que lles encantaría repetir, e un posto magnífico para a categoría de regata que era. Dende o Comité Feminino lles damos os nosos parabéns e esperamos que sigan así de ben para o resto de tempada e regatas que lles queden por realizar.

Un saúdo