lunes, 18 de mayo de 2009

MARIA CAMPOS GAÑA A REGATA DA LADIES CUP EN BAIONA


A táctica da viguesa foi acertada baseada na súa experiencia á cana de monotipos

A Monte Real Club de Yates de Bayona organizou este fin de semana unha regata clasificatoria para a Ladies Cup do Trofeo Príncipe de Asturias, unha cita coas tripulacións femininas que optan ao galardón que se disputará en setembro deste ano.

Á convocatoria asistiron as tripulacións capitaneadas pola madrileña Amparo Molla, as portuguesas Mariana Lobeto e Joanna Matos e a viguesa María Campos, levándose esta última o triunfo como primeiro equipo clasificado.

A meteoroloxía non acompañou no campo de regatas, onde houbo que esperar, tanto o sábado como o domingo, a que os chubascos deixasen entrar algunha brisa estable. Púidose navegar, con ventos que oscilaban entre os 280 e os 7 nós de máxima da primeira xornada, e os 220 con 10 nós, do segundo día. O sábado competiuse en flota, con presalidas que eran do gran dominio portugués, demostrando a súa experiencia diante das españolas, aínda que nunha delas executada en cuña por Lobato, motivou a protesta entre este e Molla na primeira proba, diante da que o Comité determinou un DSQ (descalificado) para a portuguesa.

Maria Campos estivo concentrada dabondo en conseguir puntuar para meterse nos primeiros postos, e lograr colocarse segunda na clasificatoria. Ao termo do día a xeral das semifinais, parecía unha loita de nacionalidades, españolas contra portuguesas.

O domingo as condicións meteorolóxicas eran idénticas ás do sábado. No primeiro enfrontamento impúxose a experiencia de Lobato, dominando a situación dende a presalida, clasificándose con dúas vitorias para a final.
No segundo enfrontamento, a sorte non se alió con Matos, con algún que outro problema co spinnaker e o tangón, quedándose sen o primeiro dos panos, e poñendoselo fácil a Campos que dominó os dous enfrontamentos.
Final de infarto entre Maria Campos e Mariana Lobato, dominando a presalida a portuguesa, pero un role do vento puxo por diante á viguesa na primeira ceñida, recortando distancia Lobato na segunda suba. Outro role inesperado no enderezo do vento, pero este con 70 graos de ángulo, provocou que o comité realizase un troco de percorrido, non portando o suficiente para Spi, con acerto de Campos que con bastante preocupación e astucia non o izou, ao contrario que Lobato.

Ao final victoria de Maria Campos, que corre polo MRCYB, clasificada para o trofeo Príncipe de Asturias de Ladies.

jueves, 14 de mayo de 2009

TROFEO LADIES CUP BAIONA


Este próximo fin de semana 16 e 17 terá lugar a primeira regata Ladies Cup en Monte Real Club de Yates de Baiona para tripulacións femininas concertadas de todas España.
Os barcos nos que navegarán as regatistas serán os Fígaro, 6 barcos con súas 5 tripulantes que demostrarán o seu dominio en augas da Ría de Vigo. Asistirán dende Madrid, Andalucía, Valencia e como non regatistas galegas.
O día 15 serán as confirmacións das asistentes e a presentación e entrega de instrucións da regata, comezando as probas o día 16 ás 11:50h. e rematando o día 17 ás 17:00h. onde darase a entrega de premios nas instalacións do Monte Real Club de Yates de Bayona.
Esperamos que estas mozas gocen moito da regata e teñan un tempo magnífico para poder realizar todas as probas esperadas.