martes, 9 de junio de 2009

I MATCH RACE FEMENINO de A Coruña





O pasado fin de semana celebrouse o I MATCH RACE FEMININO da Coruña, organizado polo Real Club Náutico da Coruña, coa colaboración da Real Federación Española de Vela.

A xornada do domingo comezaba coa preceptiva reunión de patroas na que se sorteaban os barcos para a final entre Margarita Cameselle e Tamara Echegoyen, e polo terceiro e cuarto posto entre Amelia Gómez e Ascensión Roca.

A saída dábase con perto de dúas horas de demora debido a que o vento non acadaba a intensidade mínima para que os barcos navegasen, e ás 12.30 horas comezaba o primeiro match da final na que se impoñía Tamara sobre Margarita por escaso marxe, xa soubo xestionar os pequenos roles e aproveitar mellor os refachos do difícil campo de regatas coruñés.

No segundo match Margarita lideraba a proba e chegaba á meta en cabeza cunha penalización pendente, polo que intentou facela na liña de chegada, pero a vantaxe sobre Tamara non era suficiente e sobrepasouna sobre a liña impóndose tamén neste segundo match.

O terceiro, non comezaba moi ben para Margarita xa na “entrada ao box” e comezar o “dial up” reaccionou algo tarde e lle chifraron unha penalización, polo que comezaba o match por diante de Tamara pero cunha penalización pendente. A proba foi un continuo cruzamento entre ambas tripulacións, chegando á última empopada con Margarita por diante a escasas 3 esloras sobre Tamara, repetíndose o final do segundo match, Tamara sobrepasaba a Margarita na liña de chegada mentres esta última penalizábase. Boa regata da tripulación de Tamara Echegoyen formada pola coruñesa Sofía Toro, Angela Pumariega e Sandra González, que por un 3 – 0 se impuxeron nunha apaixonante final á tripulación de Margarita Cameselle, formada polas viguesas Esperanza Barreras, Alba e Marta Rego.

O terceiro posto, levouno a tripulación do R.C.N. de Torrevieja liderada por Ascensión Roca, e como tripulantes Marta Esquirez, Beatriz Quintá e María J Penzol, cun parcial de 2–0 sobre a tripulación local do R.C.N. da Coruña, encabezada por Amelia Gómez, cuxos tripulantes foron Prysca Naya, Elisa Ubago e Paloma Botas.

En quinta posición estableceuse un triple empate entre as tripulacións da portuguesa María Ramires, representando á Federación de Castela e León – equipo Seawoman, Nuria Sánchez do R.C.R. de Alacante e a malagueña Claudia Juan.

Ao finalizar as probas celebrouse a entrega de trofeos no edificio social do Real Club Náutico da Coruña, á que asistiron directivos da RFEV, acompañádevos por directivos do club local.