miércoles, 26 de agosto de 2009

Campionato do Mundo de ORC 670


Comeza ás 12.00 horas deste mércores o Campionato do Mundo de ORC 670

Unha manga técnica e a proba costeira longa son os dous primeiros desafíos das tripulacións

Todo listo na Coruña para que a partir das 12.00 horas do mediodía de mañá mércores, o Oficial Principal do Campionato do Mundo de ORC 670, ordene o Top de saída, á primeira das probas en augas da baía herculina, un barlovento-sotavento de 6 millas, que servirá de aperitivo á regata longa que virá despois, unha costeira de 80 millas, que terá, como pano de fondo, o pillabán Artabro, un derrotero que navegará polas lindes marítimas de Cabo Prior, Punta Langosteira e Malpica, así disposto por Luís de Mira, o máximo responsable da regata, en función da previsión meteorolóxica.

Tal e como se prevía desde onte, a de hoxe foi unha intensa xornada para o equipo de medición, que non pararon de selar velas.

As presentacións sociais tamén foron a nota predominante, cun pletórico Maltesers, que deu a coñecer ao seu equipo base para o mundial, unha tripulación exclusivamente feminina, entre as que destaca a súa patroa, Natalia Via Dufresne, e con tripulantes do nivel de Támara Echegoyen, Esperanza Barreras, Arancha Corbal, Neus Garriga, Laia Tutzó, Cristina Martínez Doreste, Lucía Merello, Sara Fortea, Ana Conesa ou a propia Blanca Fernández Ochoa. Ao acto propio da presentación do equipo feminino estelar, lle seguiu a entrega do donativo que Maltesers fai efectivo á Federación Española de Cancro de Mama (FECMA), momento no que estiveron presentes a patroa española Via Dufresne, Fernández Ochoa, e a Vicepresidenta da institución, Txaro Beobiste.

Maltesers, Vindio ou Telefónica, facían o propio. O barco santanderino, patroneado por Fernando Pombo, reforzou o elenco da súa tripulación, ao que subíronse Javier López-Vázquez, presidente da Federación Cántabra de Vela, e Pablo Arrarte, vueltamundista na Telefónica Azul. Pedro Campos tamén querixo traer ata as augas herculinas á súa armada invencible, entre as que destaca o ouro olímpico en Beijing e regatista oceánico na Telefónica Negro, Antón Paz; o tamén vueltamundista Pablo Iglesias, que a bo seguro levará a maior; e o seu home de ouro ao spinnaker, Miguel Lago.

Todo apunta a un campionato de gran nivel, cunha meteoroloxía que lle suma ao mundial, para darlle esplendor na súa xornada de inauguración oficial.

viernes, 21 de agosto de 2009

SE BUSCA TRIPULANTE

Hola a tod@s

Me acaban de avisar que el equipo portugues de Catarina Carvalho necesita una proa para hacer una regata grado 1 en St Quay asi que os escribo por si os interesa o conoceis a alguna que pueda estar interesada. El equipo es bastante bueno y es una buena ocasion para alguien que quiera entrenar o coger experiencia.

La regata es del 25 al 29 de Agosto (la proxima semana) ellas van en avión desde Lisboa a Paris el dia 24 y alli cogen un coche para ir hasta St Quay y vuelven el dia 30 de al misma forma. Creo que el unico gasto que hay es el viaje hasta Paris.

Si alguien esta interesado que se ponga en contacto lo antes posible con Catarina Carvalho en el correo loooira@gmail.com

Gracias a todos!!!

Bicos

Andrea

jueves, 20 de agosto de 2009

BEATRIZ LENCE FINALIZA 20 NO EUROPEO DA CLASE LASER 4.7


Este mes tivo lugar o Campionato de Europa da clase 4.7, onde unha de nosas máis destacadas nesta clase asistiu ao clasificarse tras a Copa de España.
Este Campionato de Europa tivo lugar na illa de ”Lauttasaari” No Club Nautico de Helsinki.
Durante o europeo as mozas tiveron en xeral un bo arranque destacando no alto da clasificación, agás o último día, que pola falta de vento víronse obrigados a suspender as probas do día.
Aínda así, nosa regatista Beatriz Lence clasificouse de 19 na clasificación xeral, moi bo resultado, esperamos que adquira experiencia, gozase navegando e continúe mellorando como ata agora.

Alejandra Celada e María Martín-Casal Subcampioas de Europa Femininas de Cadete


Culminou con éxito para a vela galega feminina no Campionato de Europa da clase Cadete disputado nas augas andaluzas de Almería, co Subcampionato da regata na categoría feminina para a tripulación do Monte Real Club de Yates de Bayona, Alejandra Celada e María Martín-Casal, que se fixo coa prata europea logo de ser líderes, tras conseguir validar o Comité catro probas, logo de tres días en branco.

Máis de 100 embarcacións participantes dunha ducia de países que tomaron parte neste europeo.

O campionato desenvolveuse baixo unhas complicadas condicións meteorolóxicas nas que a ausencia de vento os primeiros días e a intensa calor, minguaron a física dos regatistas. Finalmente lográronse validar 6 probas, con vento medio durante o primeiro e frouxo o segundo día da regata.

Damos a nosa Norabóa a esta regatista que o fixo moi ben durante toda a tempada.