jueves, 20 de agosto de 2009

Alejandra Celada e María Martín-Casal Subcampioas de Europa Femininas de Cadete


Culminou con éxito para a vela galega feminina no Campionato de Europa da clase Cadete disputado nas augas andaluzas de Almería, co Subcampionato da regata na categoría feminina para a tripulación do Monte Real Club de Yates de Bayona, Alejandra Celada e María Martín-Casal, que se fixo coa prata europea logo de ser líderes, tras conseguir validar o Comité catro probas, logo de tres días en branco.

Máis de 100 embarcacións participantes dunha ducia de países que tomaron parte neste europeo.

O campionato desenvolveuse baixo unhas complicadas condicións meteorolóxicas nas que a ausencia de vento os primeiros días e a intensa calor, minguaron a física dos regatistas. Finalmente lográronse validar 6 probas, con vento medio durante o primeiro e frouxo o segundo día da regata.

Damos a nosa Norabóa a esta regatista que o fixo moi ben durante toda a tempada.

No hay comentarios: