miércoles, 15 de julio de 2009

FINALIZA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SNIPE


Loreto Núñez e Carmen Vergara rematan cuartas no Campionato de España de Snipe.

A última xornada do Campionato de España Xuvenil e Feminina, organizado polo Liceo Casino de Vilagarcía, respiraba tensión entre os primeiros grupos de clasificados, sendo máxima na das mozas, cuxa diferenza das primeiras ás cuartas, era dun punto. O podio ao completo estaba empatado a 11 puntos, e as liceístas Núñez e Vergara, con 12, na cuarta posición. Finalmente, e despois de tres probas validadas, as que restaban para completar o programa deportivo da regata, Julia Marfil e María García Llanas, se proclamaron Campioas de España Feminina de Snipe, coroando o caixón con 19 puntos. As regatistas do Club de Mar Almería non foron hoxe as mellores pero si as máis regulares, e ese obxectivo cumprido lles proporcionou o nacional da especialidade. O Subcampionato lle adxudicárono as irmás Requena, Soledad e Ester, do Real Club Mediterráneo de Málaga, con 21 puntos. A terceira praza do podio se foi para Asturias. Ángela Pumariega e Carmen Mateo, do Real Club Astur de Regatas se van de Vilagarcía con 23 puntos no seu saldo, os mesmos que Núñez e Vergara, que por diferenzas de resultados se tiveron que conformar con acariciar os postos destacados do podio.
O bo facer de Loli Camba e Helena Chaves, que tamén corrían por Vilagarcía e que foron sextas, ou a sétima praza conseguida por Marta Pérez e Lucía Veiga, do Real Club Náutico da Coruña.

No hay comentarios: