martes, 14 de julio de 2009

CAMPIONATO ESPAÑA SNIPE 09


Loreto Núñez e Carmen Vergara vanse ata a cuarta posición da xeral provisional

A segunda xornada do Campionato de España de Snipe, que estes días, e ata mañá martes, dispútase nas categorías Xuvenil e Feminino, viviu un intenso día de regata, con tres probas completadas, nunha Ría de Arousa que mostrou unha excelente meteoroloxía para o desenvolvemento das mesmas. Vento do suroeste, con 12 e 14 nós de media, e a aplicación do primeiro descarte, ao entrar na cuarta manga do Trofeo Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

As que sufriron máis nesta segunda xornada do Trofeo Autoridade Portuaria de Vilagarcía foron as galegas Loreto Núñez e Carmen Vergara, que de liderar o Campionato de España en mulleres, descolgáronse ata a cuarta praza. As regatistas que corren polo club anfitrión, o Liceo Casino de Vilagarcía, están na xeral con 12 puntos. Apertado caixón nas tres primeiras posicións onde os tres equipos líderes atópanse empatados a 11 puntos, boa mostra do gran nivel das participantes. Son cabeza de serie as asturianas Ángela Pumariega e Carmen Mateo, do Real Club Astur de Regatas. Séguenlles na segunda posición as almerienses Julia Marfil e María García, do Club de Mar de Almería, sendo terceiras, as irmás Requena, Soledad e Ester, do Real Club Mediterráneo de Málaga.

Con este panorama e cos resultados tan axustados todo está por decidir, nunha terceira e última xornada que se correrá mañá e que será determinante para a composición de ambos os podios.

No hay comentarios: