martes, 30 de septiembre de 2008

CURSOS DE TÉCNICO DEPORTIVO EN VELA NIVEL I E II

A Federación Galega de Vela convoca ó Curso de Técnico Deportivo en Vela
no seu primeiro e segundo nivel, que acredita co titular posúe as competencias precisas para iniciar na vela os deportistas e dirixir a súa participación en competicións,
garantindo a seguridade.

O Numero de alumnos mínimo é de 15 e máximo 30. A presentación e inicio do curso no Nivel I é o 18 outubro 2008 e para o Nivel II é o 31 de outubro.

Se precisades de mais información para inscribiros ou saber mas datos consultade na web da Federación Galega (www.fgvela.com) ou na dirección do Comité Feminino (comitefemenino@fgvela.com).

INAUGURACIÓN DO CENTRO DE TECNIFICACIÓN DE VELA EN VILAGARCÍA



A semana pasada tivo lugar a presentación do novo Centro de Tecnificación de Vela que ten lugar en Vilagarcía de Arousa.
Ás 17:00h. reuníanse os medios de prensa, representantes de varios clubes de Galicia, deportistas e como non os responsables de que este centro teña lugar en Galicia, o Presidente da Federación Galega de Vela José Ángel Rodríguez e a Conselleira de Cultura e Deporte Ánxela Bugallo, tamén estivo presente o Campión Olímpico Antón Paz, que obsequiou ao centro co seu barco co cal conseguiu a medalla de Ouro nestas pasadas Olimpíadas.

O centro dispón dunhas instalacións coas que os deportistas poderán sentirse comodamente navegando e preparando os seus barcos, a punto para concentracións e regatas durante as súas tempadas. Dito centro dálles facilidades para gardar os seus barcos e material cun patio bastante amplo, habitacións, aulas e zonas de estudo, ademáis de taller e outras mellorías reunidas todas nun edificio moderno e estruturalmente cómodo.

Con iso animamos a todas as regatistas que vaian a visitalo e poidan contar co noso apoio para dispoñer das facilidades que podámoslles ofrecer.