lunes, 24 de marzo de 2008

CHARLAS DE INFORMACIÓN DE ORC

O Comité de Cruceros da Federación Galega de Vela informa da realización de Charlas de información ORC, que terán lugar nas seguintes datas:

- 5 de Abril R.C.N. Coruña coincidindo ca regata Trofeo Ricardo Castro de 19:00 a 21:30
− 19 de Abril no Club Náutico Rianxo coincidindo coa V Regata Gran Atuin de 18:00 a 21:00
− 1 de Maio en MRCYBayona coincidindo coa regata Repsol de 19:00 a 21:00
O curso estará impartido por Enrique Molinelli Fernández e tratará temas como os sistemas de compensación, ORC basico, internacional e de Club, medicións, etc...
Para todas aquelas que esteades interesades poderedes incribirvos gratuitamente antes do 4 de abril na Federación Galega de Vela

FEDERACIÓN GALEGA DE VELA,
Peirao de Bouzas s/n 36208-VIGO /
Tel: 986-237116. Fax: 986-200110,
e-mail: secretariatecnica@fgvela.com.

miércoles, 5 de marzo de 2008


O equipo feminino quere deixar claro que o van poñer difícil nas probas de Alto Nivel do Circuíto.
O pasado 2 de marzo tivo lugar a regata VIII Trofeo Torre de Hércules onde o equipo feminino “Augas de Mondariz-Avenue Woman Sport” continúa no primeiro posto, deixando así claro desde o principio, que non o van poñer nada fácil esta tempada, sexa cal sexa o rival ao que se enfronten de entre as 24 embarcacións que saíron a competir nesta 3ª regata das 4 que completan o Trofeo que organiza o RCN da Coruña na súa Ría.

“Augas de Mondariz-Avenue W.S.” soubo situarse durante o tempo do procedemento, correndo a liña para o flotador de sotavento e tendo unha boa saída ás 15:05, momento no que comezou a coller vantaxe e a despegarse do resto da flota.
Durante este primeiro tramo da proba, deixando A Guisanda por babor, o vento comenzou a ser inestable, entre os 8 e 3 nós de intensidade, pero conseguindo inda así rematala proba.

Hai que destacar o gran papel que están a facer as mozas, xa que, ademais de continuar adaptándose a unha embarcación que aínda é relativamente nova para elas como equipo, nesta proba non puideron contar con parte da tripulación que formará o grupo titular para a tempada de regatas de Alto Nivel do Circuíto, o cal “ faise imprescindible para poder desenvolver un bo adestramento” comentou á chegada Amalia Calviño, capitana do equipo.

A chegada das mozas en tempo real foi ás 17h 31' 00'', seguidas do Tecnoship de Jose M. Cardesín. En tempo compensado, o “Augas de Mondariz-Avenue W.S.” de Pilar Casares segue no primeiro posto a 3 minutos 22 segundos do First 40.7 de Cardesin.
Cos resultados desta terceira e penúltima proba do Trofeo, a clasificación Xeral deixa ao “AUGAS DE MONDARIZ-AVENUE.W.S” en primeiro lugar con 3 puntos, en segundo posto, o RAYGRASS de Jose A. Núñez con 10 ptos e en terceiro lugar, ao ESOGA de Jose F. Edreira con 12 ptos.

Aproveitar para darlle o noso parabéns polo cativo que tivo Pilar Casares esta semana, esperamos que faga del un bo regatista.

A finais deste mes temos nas instalacións do Club de Praia do Bao a regata de Catamaranes, incluíndo as clases Catamarán Infantil (Hobie Cat Dragoon), Fórmula 18, Clase A e Interseries.
Dita regata celebrarase o día 29 e 30 de Marzo, as inscricións realizaranse antes do día 24 de marzo na páxina www.pasionplaya.com onde deberase formalizar o día 29 de marzo ata as 12:00 h. en que se pechará o prazo de confirmación.
A inscrición terá un custo de 10 euros por regatista, a ingresar dentro do prazo de inscrición na conta do Club de Vela Praia do Bao en Caixanova.
As inscricións fora de prazo terán un custo de 20 euros por regatista.

Animarvos a participar que estades a tempo!