miércoles, 5 de marzo de 2008


O equipo feminino quere deixar claro que o van poñer difícil nas probas de Alto Nivel do Circuíto.
O pasado 2 de marzo tivo lugar a regata VIII Trofeo Torre de Hércules onde o equipo feminino “Augas de Mondariz-Avenue Woman Sport” continúa no primeiro posto, deixando así claro desde o principio, que non o van poñer nada fácil esta tempada, sexa cal sexa o rival ao que se enfronten de entre as 24 embarcacións que saíron a competir nesta 3ª regata das 4 que completan o Trofeo que organiza o RCN da Coruña na súa Ría.

“Augas de Mondariz-Avenue W.S.” soubo situarse durante o tempo do procedemento, correndo a liña para o flotador de sotavento e tendo unha boa saída ás 15:05, momento no que comezou a coller vantaxe e a despegarse do resto da flota.
Durante este primeiro tramo da proba, deixando A Guisanda por babor, o vento comenzou a ser inestable, entre os 8 e 3 nós de intensidade, pero conseguindo inda así rematala proba.

Hai que destacar o gran papel que están a facer as mozas, xa que, ademais de continuar adaptándose a unha embarcación que aínda é relativamente nova para elas como equipo, nesta proba non puideron contar con parte da tripulación que formará o grupo titular para a tempada de regatas de Alto Nivel do Circuíto, o cal “ faise imprescindible para poder desenvolver un bo adestramento” comentou á chegada Amalia Calviño, capitana do equipo.

A chegada das mozas en tempo real foi ás 17h 31' 00'', seguidas do Tecnoship de Jose M. Cardesín. En tempo compensado, o “Augas de Mondariz-Avenue W.S.” de Pilar Casares segue no primeiro posto a 3 minutos 22 segundos do First 40.7 de Cardesin.
Cos resultados desta terceira e penúltima proba do Trofeo, a clasificación Xeral deixa ao “AUGAS DE MONDARIZ-AVENUE.W.S” en primeiro lugar con 3 puntos, en segundo posto, o RAYGRASS de Jose A. Núñez con 10 ptos e en terceiro lugar, ao ESOGA de Jose F. Edreira con 12 ptos.

Aproveitar para darlle o noso parabéns polo cativo que tivo Pilar Casares esta semana, esperamos que faga del un bo regatista.

No hay comentarios: