viernes, 11 de febrero de 2011

O CGV convértese en referente para os adestramentos de Match Race de cara a World Cup


As galegas Marga Cameselle, Graciela Pisonero e Sandra Azón preparan en Villagarcía as clasificatorias do Equipo Preolímpico de 2012
 
Co obxectivo marcado de prepararse a fondo para o Campionato de España Open de Match Race Femenino que se celebrará no Centro Galego de Vela de Villagarcía do 8 ao 12 de marzo e a súa posterior participación no Trofeo Princesa Sofía, que se organizará en Palma de Mallorca do 2 ao 9 abril, segunda proba puntuable para a World Cup 2011, a tripulación portuguesa liderada por Rita Gonçalves xunto ás tamén lusas Mariana Lobato e Diana Neves volve elixir as instalacións do CGV como mellor campo de adestramento para as citas mencionadas.
Recén chegadas do Miami OCR, primeira proba na disputa do título mundial, finalizaron na duodécima praza dunha frota de 24 participantes moi competitiva. Nuno Barreto, medallista olímpico de 470 en Atlanta 96, regatista de Copa América e do Circuíto Mundial de Match Race Masculino, acompaña o equipo portugués na que é a súa segunda concentración no CGV de Vilagarcía.
Asiduas ás instalacións arousanas, a tripulación de Marga Cameselle, Graciela Pisonero e Sandra Azón estrea patrocinador nesta nova tempada. Da man de Porto de Vigo e baixo a grímpola do MRCY de Bayona prepararanse intensivamente no Centro todo o mes de febreiro para afrontar unha das regatas clasificatorias para o Equipo Preolímpico 2012 e para obter a praza par o Trofeo Princesa Sofía.