martes, 17 de noviembre de 2009

A galega Tamara Echegoyen, campiona do Circuíto Nacional de Match Race Femenino


Luns, 9 de novembro de 2009.
A galega Tamara Echegoyen adxudicouse este fin de semana, tras a súa cita en Valencia, o título de campioa do Circuíto Nacional de Match Race Femenino. A regatista da Federación Galega de Vela impúxose en todas as probas puntuables nas que participou -A Coruña, Bayona e nesta última da capital do Turia- demostrando que é unha alternativa de peso ás dúas actuais tripulacións preolímpicas, as lideradas pola viguesa Marga Cameselle e a catalá Silvia Roca.
A falta da última xornada, con Echegoyen e Ascensión Rocha empatadas a puntos, as quinielas apuntaban un duro enfrontamento entre ambas as dúas, un duelo que pronto dirimía con fallo a favor da galega, quen se erguía definitivamente cun merecido II Clinic de Match Race Femenino do RCN Valencia, e por ende co título estatal da categoría no seu circuíto.
Un bo sabor de boca deixo o domingo para as participantes, cumprindo as expectativas da cita valenciana con enfrontamentos nos que primou a igualdade. Houbo penalizacións, a imposta por Echegoyen a Roca, que batía o liderado da alacantina. Se ben, pouco durou a galega na cabeza, posto que a preolímpica Silvia Roca lograba un primeiro posto no último Match do Round Robin quedando empatada a puntos co equipo valenciano.
Non obstante, no último momento o vento parecía aliarse co equipo patroneado por Echegoyen e a anulación do resto de probas, a causa da falta de intensidade, converteu os resultados provisionais en definitivos, e a líder ata o momento virtual en campioa do circuíto estatal de Match Race. Segunda era a alacantina, Ascensión Rocha de Togores, unha das novas promesas da clase, sendo o terceiro caixón do podio para o equipo da catalá Silvia Roca, por diante do cuarto da tamén galega Marga Cameselle.
En palabras de Tamara Echegoyen, tras a súa proclamación: "O obxectivo é que España acuda aos Xogos con opcións de medalla".

miércoles, 4 de noviembre de 2009

O Náutico Rodeira domina a categoría feminina


O Náutico Rodeira domina a categoría feminina no Ibérico de Vaurien
Celebrouse en Vila Franca de Xira (Portugal) o 19 e 20 de Setembro

Mércores, 23 de Setembro de 2009.
A pasada fin de semana celebrouse en Vila Franca de Xira (Portugal) o Campionato Ibérico da Clase Vaurien que contou coa participación de 41 equipos de España e Portugal que loitaron contra vento e correntes en augas do Río Tajo.
Os claros dominadores do Campionato foron os irmáns Jaime e Alfonso Leirós, do Real Club Náutico de Sanxenxo, que cun barco prestado demostraron o bo momento no que se encontran. Segundos foron os regatistas do Real Club Náutico de Vigo Pablo Cabello e Javier Lago, acompañados no pódium polos seus compañeiros de Club os irmáns Andrés e Rafael Jiménez. Cuartos foron os locais Alexandre Paulino e Luis Lima, que cunha manga menos lograron estar nos postos de cabeza.
Na categoría Xuvenil a Victòria foi para os vigueses Antonio Pérez e Iria Eguía que mantiveron o seu posto a pesar de romper o mastro na espectacular última manga.
As mozas do Real Club Náutico Rodeira dominaron a súa categoría proclamandose vencedora María Campos e Beatríz Quintá. Segundas foron Rocío Fernández e Carlota Comesaña mentres que en terceira posición terminaron Violeta e Beatríz Martínez.
A próxima cita para o Equipo do Naútico Rodeira será a próxima fin de semana no Marítimo de Canido onde dispítalle a última das Clasificatorias Autonómicas.