viernes, 7 de octubre de 2011

As de Echegoyen e Roca teñen en xogo o seu billete aos Xogos Olímpicos de Londres 2012


O Centro Galego de Vela de Villagarcía, porto base de Match Race Feminino

Os equipos nacionais da categoría apuraron nas instalacións da Federación Galega de Vela os seus adestramentos de face ao mundial da categoría que se celebrará o próximo mes de decembro

O Centro Galego de Vela de Villagarcía converteuse esta semana na base dos equipos nacionais de Match Race Feminino da Federación Española de Vela, os formados polas actuais campioas de Europa a pontevedresa Tamara Echegoyen, xunto á coruñesa Sofía Toro e a asturiana Ángela Pumariega; e o da catalá Silvia Roca, a tinerfeña Eva González e Lara Cacabelos, do Real Club Náutico de Sanxenxo. Así, desde o pasado luns e até hoxe venres, as dúas tripulacións españolas cumpriron parte do seu adestramento de alto rendemento nas instalacións cedidas pola Federación Galega de Vela a bordo dos Elliott 6m, baixo as directrices do adestrador nacional Antonio Otero, e o apoio e seguimento psicolóxico de Delfina Ventura.
Co cronómetro en conta atrás de face ao mundial que se disputará o próximo mes de decembro en Australia toca pisar o acelerador e toda preparación é pouca cando está en xogo o billete aos Xogos Olímpicos de Londres 2012. Nestes termos pronunciábase Echegoyen, quen de camiño a Santander, onde seguirán o planning preparatorio previsto de face ao Campionato do Mundo de 2011, aseguraba que “temos moito que perder e moito que gañar”. En Perth (Australia) adxudicásense 8 das 11 prazas dispoñibles para os JJ.OO. da categoría, polo que é necesario espremer ao máximo o tempo que queda por diante. “Esta semana aproveitámola ao máximo, foi duro pero necesario. Aínda nos quedan dous meses por diante. Cando te dás conta xa estamos en outubro e o tempo pasa voando. Estamos convencidas de que un último esforzo merece a pena”, comentaba a pontevedresa.
Unha vez acabada a súa estancia en Galicia, no Centro Galego de Vela de Villagarcía, ambas as tripulacións regresan á súa base habitual en Santander onde retomasen os seus adestramentos ás ordes de Otero e Manu Weiller. Alí adestraranse xunto ao equipo Alemán a primeira semana de outubro, para logo viaxar a Francia e medir a súa técnica fronte ao galo.