

A regatista galega Marga Cameselle faise co triunfo no III Clinic que tivo lugar estos vindeiros días nas augas mediterráneas, xunto coas suas compañeiras e rivales María Campos e Támara Echegoyen.
A viguesa Marga Cameselle, actual líder nacional do ranking de Macht Race Feminino, adxudicouse o III Clinic/Regatas, que se celebrou este fin de semana nas augas que bañan a praia da Malvarrosa, sendo o seu organizador o Real Club Náutico de Valencia. Cameselle gañou os oito enfrontamentos.
A última xornada comezaba co derby galego entre María Campos e Támara Echegoyen, que se correspondía co Flight Nº 5, Macht Nº 1.
A meteorología deu o suficiente para completar o Clinic, chegando á gran final coas catro mellores tripulacións patroneadas por Marga Cameselle, Silvia Roca, Támara Echegoyen e Claudia Juan.
A viguesa impúxose a Juan e a Roca, mentres que a catalá lograba imporse á pontevedresa Echegoyen e a Claudia Juan. Unha vez determináronse os dous primeiros postos, a emoción centrouse na terceira praza do podio que levou o equipo de Juan, en detrimento do de Echegoyen.
Tras os resultados obtidos en Valencia, Marga Cameselle amplía a súa vantaxe como líder do Ranking Nacional da modalidade, listaxe no que Silvia Roca figura na segunda posición, sendo terceira outra viguesa, María Campos. Támara Echegoyen é quinta, logo de Adriana Romano.
