lunes, 6 de diciembre de 2010

José Ángel Rodríguez Santos reelixido presidente da Federación Galega de Vela para un terceiro mandato

O proceso electoral na Federación Galega de Vela culminou tarde do venres coa elección da Comisión delegada que, formada por 1 técnico, 1 xuíz, 2 deportistas e 4 clubs, quedou constituída finalmente por Carlos Agra Carreras, Fernando Giraldo Pérez, Margarita Cameselle Álvarez, Alba Rego Pernas, e o Monte Real Club de Iates de Baiona, Liceo Marítimo de Bouzas, Club Náutico de Ribadeo e Club Náutico de Portosín, respectivamente, os que avalaron a única candidatura presentada, a de José Ángel Rodríguez, quen revalida o cargo por terceira vez á fronte da institución para os próximos catro anos.
O pasado 1 de outubro comezaba un intenso proceso electoral no que se presentaban para formar parte da Asemblea sete candidaturas de xuíces, outras tantas para técnicos e os clubs da Comunidade que cumprían os requisitos, en total 42 candidatos para 45 prazas polo que non foi necesario ir a votación. Pola contra, o número de deportistas aspirantes se excedía o número de prazas polo que foi necesaria a votación en urna e dirimir os 15 representantes do total das 31 candidaturas presentadas.
Os encargados de designar a comisión delegada foron precisamente os membros da asemblea aos que pertencen os candidatos electos no estamento de deportistas, en total quince, que contaron coa maioría dos votos nos comicios celebrados o pasado 19 de novembro en Vigo, e que quedou representada polos deportistas Margarita Cameselle Álvarez, Marta Rego Pernas, Marcos Pérez González, Laura Llopiz Castedo, Alba Rego Pernas, Hugo Fernández Fernández, José Ignacio Pinacho Comesaña, David Gestoso Silva, Oscar Gómez Oliveira, Juan José Durán Crespo, Lucía Llopiz Domínguez, Pedro Peña Garay, Manuel Jesús Pérez-Bilbao Lorenzo, Juan José Devesa Leira, Mariano Zapata Radequek.