miércoles, 23 de julio de 2008

Triunfo de las chicas para Galicia en la clase Vaurien


A pasada semana tivo lugar en augas do R.C.N. de Sanxenxo o Campionato de España da Clase Vaurien. As condicións que acompañaron as mangas foron bastante diversas, por iso ata o último día non se podía asegurar quen sería o vencedor absoluto en cada categoría.

A participación de Maria Campos e Edurne Tamayo (RCN Vigo/RCN San Sebastian), fixo ver a súa experiencia en regatas e control co barco, aínda que moi preto perseguíanas as súas compañeiras da clase Lucía Llopiz e Laura Llopiz, que con moi boas mangas os primeiros días non conseguiron facerse co trofeo absoluto, quedando nun valiosísimo segundo posto; estas mozas ademais do trofeo Feminino outorgáronse polo seu labor como xuvenís un segundo posto.

Agora tócalles preparerse e organizar todo para o Campionato do Mundo que terá lugar en Matosinhos no mes de agosto.

Moita sorte e a por todas!

jueves, 10 de julio de 2008

NOVO TRIUNFO EN VAURIEN FEMININO

As curmáns Llopiz lograron o pasado fin de semana o primeiro posto feminino, e un inmellorable segundo posto absoluto na clasificación xeral. Estas regatistas levan unha gran progreso nas súas últimas regatas, deste xeito prepararánse para o Campionato de España e Mundial que se celebrarán en Sanxenxo e en Portugal respectivamente.

Moita sorte para estas mozas e a por todas!

martes, 1 de julio de 2008

CAMPIONATO GALEGO DE VAURIEN


O pasado fin de semana celebrouse en Real Club Náutico de Sanxenxo o Campionato Galego da clase Vaurien na II Semana Naval Ría de Pontevedra e que contou coa participación de 21 tripulacións.

Durante 3 días as tripulacións loitaban por postos que puidesen darlles ao final un triunfo, e aínda que as condicións non foron moi regulares durante este campionato puideron celebrar 5 mangas en total.

As novas incorporacións á clase, van facendo que se note regata a regata a súa progresión e posta a punto, como é o caso de Laura Llopiz e Lucía Llopiz, que lograron un satisfactorio resultando quedando primeiras femininas na clasificación absoluta. Empezan estas regatistas abrindo as súas portas de cara ao Campionato de España e Mundial que se celebrarán ao longo deste verán.

A participación en total foi de 6 tripulacións femininas entre eses 21 barcos, e despois dos cambios que está sufrindo a clase, séntense moi satisfeitos polo número de xente que participou.

Esperamos que nosas regatistas continuen os seus labores e fagan un papel inmellorable de cara a un título nacional e internacional.

Sorte mozas!