martes, 1 de julio de 2008

CAMPIONATO GALEGO DE VAURIEN


O pasado fin de semana celebrouse en Real Club Náutico de Sanxenxo o Campionato Galego da clase Vaurien na II Semana Naval Ría de Pontevedra e que contou coa participación de 21 tripulacións.

Durante 3 días as tripulacións loitaban por postos que puidesen darlles ao final un triunfo, e aínda que as condicións non foron moi regulares durante este campionato puideron celebrar 5 mangas en total.

As novas incorporacións á clase, van facendo que se note regata a regata a súa progresión e posta a punto, como é o caso de Laura Llopiz e Lucía Llopiz, que lograron un satisfactorio resultando quedando primeiras femininas na clasificación absoluta. Empezan estas regatistas abrindo as súas portas de cara ao Campionato de España e Mundial que se celebrarán ao longo deste verán.

A participación en total foi de 6 tripulacións femininas entre eses 21 barcos, e despois dos cambios que está sufrindo a clase, séntense moi satisfeitos polo número de xente que participou.

Esperamos que nosas regatistas continuen os seus labores e fagan un papel inmellorable de cara a un título nacional e internacional.

Sorte mozas!

1 comentario:

Anónimo dijo...

llopiz al poder