martes, 19 de octubre de 2010

Os días 9 e 10 de outubro celebrouse no Real Club Náutico de Madrid o Campionato Ibérico de Vaurien


Este gran evento reuniu a regatistas españois e portugueses no pantano de San Xoán. Xuntanbanse uns 33 barcos, 5 deles do clube anfitrión.

As condicións se presentaban duras con choibas e ventos fortes.


O sábado na primeira manga case ninguén librouse dun bo susto, con ventos de 1 a 6 nós variando contínuamente, resultou moi disputada e finalmente gañaron a manga Antonio Pérez e Iria Eguia, o segundo posto no photofinish foi para Nacho Campos e Nuria Búa, lixeiramente por diante do Treboada de Jaime e Alfonso Leirós, e pouco despois chegaba o primeiro dos portugueses, o Sonic, seguido por as irmás Martínez que lideraban tamén a clasificación xuvenil. Na categoría de velas clásicas impuxéronse os madrileños Curro e Catalina. A segunda manga resultou aínda máis divertida, con algunha cinguida con spi e outras situacións curiosas, finalmente impuxéronse Jaime e Alfonso Leirós, seguidos polas Makis María Campos e Edurne que volven dando guerra. Terceiros foron Nacho Campos e Nuria Búa, o cuarto de novo o portugués Sonic e quinto Pablo e Javi. No xuvenil impuxéronse de novo Violeta e Bea cun oitavo en a xeral.

O domingo amaneceu con sol, unha boa temperatura e vento sueve, e tras unha reunión-almorzo da clase
fómosnos á auga de novo con ganas de pelexa. Na primeira manga o vento fixo das súas e fixonos traballar bastante subindo e baixando spis, o equipo Leirós o dominó ata o final, Jaime e Alfonso primeiros, e Javi e Isa segundos. Terceiros foron os Davides: David e Piri que agora chámase David. Cuartos foron Pablo e Javi, e quintos Alexandre e Luis. No xuvenil os primeiros foron os estremeños Sergio e Fátima no Salamina III, e en velas clásicas Curro e Catalina impuxéronse de novo. A segunda manga resultou aínda máis entretida con amplos roles e escasos refachos, spis arriba e embaixo... Os Leirós ocupan de novo as dous primeiras prazas no mesmo orde, terceiro é o Wellgood de Pablo e Javi, cuarto Nacho e Nuria, e quintos Tone e Iria. O xuvenil aquí se levárono os portugués Artur e Filipe, e en velas clásicas as primeiras foron as madrileñas Claudia e Marta. Na terceira e última manga do día os refachos xa eran algo máis forte o que fixo a regata máis vistosa e algún acabou na auga. Os primeiros foron de novo Jaime e Alfonso no Treboada, en segundo lugar quedaron Nacho e Nuria en seu X-náutica, terceiro foi o portugués Sonic de Pedro e Alfonso, cuarto o Endeavour de Tone e Iria, e quinto o Perturbao de Javi, con Isa. No xuvenil impuxose o Salitre Team de Halle e Ana, e en velas clásicas de novo as primeiras foron Claudia e Marta no Antílopo.

Despois de unha gran regata finalmente o triunfo Feminino foi para as regatistas María Campos e Edurne Tamayo, o xuvenil foi para Violeta e Beatriz Martínez, e en velas clásicas as gañadoras foron Claudia Burgos e Marta esquerda.