martes, 30 de septiembre de 2008

INAUGURACIÓN DO CENTRO DE TECNIFICACIÓN DE VELA EN VILAGARCÍA



A semana pasada tivo lugar a presentación do novo Centro de Tecnificación de Vela que ten lugar en Vilagarcía de Arousa.
Ás 17:00h. reuníanse os medios de prensa, representantes de varios clubes de Galicia, deportistas e como non os responsables de que este centro teña lugar en Galicia, o Presidente da Federación Galega de Vela José Ángel Rodríguez e a Conselleira de Cultura e Deporte Ánxela Bugallo, tamén estivo presente o Campión Olímpico Antón Paz, que obsequiou ao centro co seu barco co cal conseguiu a medalla de Ouro nestas pasadas Olimpíadas.

O centro dispón dunhas instalacións coas que os deportistas poderán sentirse comodamente navegando e preparando os seus barcos, a punto para concentracións e regatas durante as súas tempadas. Dito centro dálles facilidades para gardar os seus barcos e material cun patio bastante amplo, habitacións, aulas e zonas de estudo, ademáis de taller e outras mellorías reunidas todas nun edificio moderno e estruturalmente cómodo.

Con iso animamos a todas as regatistas que vaian a visitalo e poidan contar co noso apoio para dispoñer das facilidades que podámoslles ofrecer.

No hay comentarios: