miércoles, 26 de agosto de 2009

Campionato do Mundo de ORC 670


Comeza ás 12.00 horas deste mércores o Campionato do Mundo de ORC 670

Unha manga técnica e a proba costeira longa son os dous primeiros desafíos das tripulacións

Todo listo na Coruña para que a partir das 12.00 horas do mediodía de mañá mércores, o Oficial Principal do Campionato do Mundo de ORC 670, ordene o Top de saída, á primeira das probas en augas da baía herculina, un barlovento-sotavento de 6 millas, que servirá de aperitivo á regata longa que virá despois, unha costeira de 80 millas, que terá, como pano de fondo, o pillabán Artabro, un derrotero que navegará polas lindes marítimas de Cabo Prior, Punta Langosteira e Malpica, así disposto por Luís de Mira, o máximo responsable da regata, en función da previsión meteorolóxica.

Tal e como se prevía desde onte, a de hoxe foi unha intensa xornada para o equipo de medición, que non pararon de selar velas.

As presentacións sociais tamén foron a nota predominante, cun pletórico Maltesers, que deu a coñecer ao seu equipo base para o mundial, unha tripulación exclusivamente feminina, entre as que destaca a súa patroa, Natalia Via Dufresne, e con tripulantes do nivel de Támara Echegoyen, Esperanza Barreras, Arancha Corbal, Neus Garriga, Laia Tutzó, Cristina Martínez Doreste, Lucía Merello, Sara Fortea, Ana Conesa ou a propia Blanca Fernández Ochoa. Ao acto propio da presentación do equipo feminino estelar, lle seguiu a entrega do donativo que Maltesers fai efectivo á Federación Española de Cancro de Mama (FECMA), momento no que estiveron presentes a patroa española Via Dufresne, Fernández Ochoa, e a Vicepresidenta da institución, Txaro Beobiste.

Maltesers, Vindio ou Telefónica, facían o propio. O barco santanderino, patroneado por Fernando Pombo, reforzou o elenco da súa tripulación, ao que subíronse Javier López-Vázquez, presidente da Federación Cántabra de Vela, e Pablo Arrarte, vueltamundista na Telefónica Azul. Pedro Campos tamén querixo traer ata as augas herculinas á súa armada invencible, entre as que destaca o ouro olímpico en Beijing e regatista oceánico na Telefónica Negro, Antón Paz; o tamén vueltamundista Pablo Iglesias, que a bo seguro levará a maior; e o seu home de ouro ao spinnaker, Miguel Lago.

Todo apunta a un campionato de gran nivel, cunha meteoroloxía que lle suma ao mundial, para darlle esplendor na súa xornada de inauguración oficial.

No hay comentarios: