jueves, 24 de septiembre de 2009

Beatriz Lence faise co Campionato de España de Láser na categoría feminina de 4.7


Os representantes galegos non pasaron desapercibidos na súa cita na Baía de Palma, e deron que falar no Campionato de España da Clase Láser, que este sábado culminaba no Club Marítimo San Antonio de la Playa.

A viguesa Beatriz Lence facíase co título estatal na categoría feminina de 4.7, sendo décimo terceira no xeneral da clase.

Cinco días de intensa actividade que arrincaban o pasado 15 de setembro coa medición. Mala sorte correron Ana Carneiro e Elena Miguez, ambas as dúas sufriron unha lesión que, aínda que de carácter leve, lles obrigaba a abandonar a competición en contra da súa vontade.

No hay comentarios: