martes, 22 de abril de 2008

V TROFEO GUISANDA A DOS R.C.N. DE A CORUÑA

Este próximo sábado 26 de abril terá lugar en augas de Coruña o V Trofeo Guisanda a dous, organizado polo R.C.N. da Coruña e que será puntuable para o Circuíto Galego de Solitarios e A dous.
Organizado para a clase IMS e reservada para tripulacións A Dous, que terán ata o día 25 de abril ás 18:30 h. para realizar a inscrición.
O día da regata terán dende ás 10,30h. da mañá reunión de patróns, seguido da saída na auga ás 11,30h. e terminando cunha cea oficial ao terminar as probas.
Esperamos que dispoñan de bo tempo, mozas animarvos e a buscar barco!

Un saúdo

No hay comentarios: