jueves, 29 de enero de 2009

Match Race Feminino en Miami

Marga Cameselle, Támara Echegoyen e Esperanza Barreras adéstranse a nivel internacional

Foron elixidas polo novo Director de Preparación Olímpica da RFEV Santiago López-Vázquez

Mércores, 28 de xaneiro de 2009.- Marga Cameselle, Támara Echegoyen e Esperanza Barreras están na listaxe do novo Director de Preparación Olímpica da Real Federación Española de Vela, Santiago López-Vazquez, que acaba de comezar o seu labor hai escasas semanas, e onde se enfronta ao seu primeiro reto deportivo como membro do equipo da Española.
As tres galegas, compoñentes da Selección Caixanova de Match Race Feminino, compiten estes días na Rolex Miami OCR, a segunda regata puntuable para a Copa do Mundo da Federación Internacional de Vela, ISAF. “As galegas son moi boas, sen ningunha dúbida, as mellores que temos en España, e agora o que teñen que facer é coller nivel internacional, para mellorar en competitividade”, comentaba López-Vazquez.
Non en balde Cameselle, Barreras e Echegoyen, xunto a María Campos, Sofía Toro, Paloma Botas, Nuria Quintás, Pilar Casares, Bea Quintá e Prisca Naya encabezan como patroas e tripulantas o ranking nacional da especialidade, e no que Marga ocupa o posto número un grazas aos éxitos cultivados en todas as citas que disputaron, gañándoas con absoluta autoridade.
O Match Race Feminino é unha das novas disciplinas olímpicas que verán a súa estrea en Londres 2012, e no que as galegas demostraron a súa supremacía, rango que deberán manter para estar na cita laureada inglesa.

No hay comentarios: