jueves, 29 de enero de 2009

REGATA CADETE EN RIBEIRA


Este pasado fin de semana tivo lugar no C.N. de Ribeira a regata clasificatoria da clase cadete.
Despois do temporal, pouco esperábase facer, xa que as choivas con rachas fortes azotaron con forza durante a noite do venres, sen embargo, isto non impediu que se realizasen o sábado as tres probas que estaban programadas.
O domingo xa foi algo mais duro e non foron posibles facer ningunha das probas.
Finalizada a regata tivo lugar a entrega de trofeos, onde podemos destacar á tripulación feminina formada por Olalla Monteagudo e Alba González que triunfaron na súa categoría e un sétimo posto na xeral.
Esperamos que sigan salientando así.

No hay comentarios: