lunes, 27 de septiembre de 2010

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LÁSER


Beatriz Lence Massa, do Club Marítimo de Canido, sube o podium na categoría sub-19

Sábado, 25 de setembro de 2010. - Dous de catro, as únicas xornadas nas que se puideron completar as probas deste Campionato de España de Láser Radial, que dende o pasado mércores e ata hoxe se celebrou en augas da Ría de Arousa, organizado polo Club Náutico de Rianxo, coa colaboración da Federación Española de Vela e a Federación Galega. A falta de condicións estables para a competición do pasado mércores volvíase repetir hoxe, e as 83 unidades que estes días tomaron parte nunha das citas máis importantes do calendario nacional quedaban sen poder disputar ningunha das mangas previstas para este último día. Cinco probas en total nas que os líderes se aferraban ao podio ata o último momento.
Así, as cousas en Open Radial Alicia Cebrián, do Real Club Náutico de Tenerife, proclamábase, campioa de España, a tan só un punto do segundo clasificado, o catalán Ignasi López. Fátima Reyes, do C.N.M.M. Os Alcázares, con 16 puntos é terceira, unha vez as protestas dirimidas a última hora do venres modificaron os resultados provisionais que a empataban a puntos coa súa irmá Lucía, finalmente sétima na xeral global.
Onde si houbo cambios substanciais é o sub-19 feminino, despois de varias protestas e cambios nos postos a nosa regatista Beatríz Lence do Club Marítimo de Canido consegue o segundo posto nesta categoría.

No hay comentarios: