lunes, 27 de septiembre de 2010

CAMPIONATO GALEGO 420


A pasada fin de semana celebrouse nas augas da Ría de Arousa o Campionato Galego da clase 420, organizado polo Liceo Casino de Vilagarcía.

Comezaba o venres coas primeiras probas e un vento estable de 18 nós, polo que se puido celebrar unha proba máis da programada, abrindo deste xeito a competición entre todos os regatistas galegos desta clase.

A xornada do sábado foi algo máis intenso, os refachos fortes acompañaban a estes regatistas, e soamente uns poucos puideron completar todas as probas, xa que os 27 nós que houbo nalgúns momentos fixeron que algúns volcasen ou tivesen que retirarse.

O domingo amaneceu algo máis tranquilo, tanto, que o comité decidiu dar por pechado o campionato sen facer ningunha proba.

No referente a resultados, destacar a victòria de David Gestoso e Isaac Arce como actuais Campións Galegos de 420, que desde o primeiro día marcaron claramente o seu triunfo, así como na Categoría Feminina onde Patrícia Suárez e Victoria García demostraron ser as mellores nun campionato tan duro e rifado.

No hay comentarios: