jueves, 18 de noviembre de 2010

ELECCIÓNS FEDERACIÓN GALEGA DE VELA

Mañá venres 19 de novembro procederase ao comezo das eleccións a presidencia da Federación Galega de Vela.

Poderán ir votar todos/as aqueles/as que teñan a súa licenza federativa en vigor e mostren o seu DNI.

A votación farase aos candidatos a deportistas, xuíces e técnicos. Entre eles preséntanse deportistas como Marga Cameselle, Laura e Lucía Llopiz, Marta e Alba Rego; xuíces Andrea Fernández e técnicos Noemi Bermúdez, Dolores Camba ou Rocío Fernández. Como podedes comprobar o nivel de candidatas cada vez vai en aumento.

As votacións terán lugar mañá venres entre as 16:00h e as 20:00h. nas instalacións da Federación Galega de Vela en Bouzas.

Lembramos os que se acheguen con coche que estan en obras na explanada e debedes aparcar no aparcadoiro que está ao lado do pavillón, en fronte da Federación.

Gracias a todos e estas rapazas esperan as vosas votacións.

No hay comentarios: