miércoles, 10 de noviembre de 2010

Marga Cameselle, segunda na Grand Final de la ADO Series de Match Race en Lisboa

A regatista galega chegou á final tras superar o equipo de Tamara en semifinais, perdendo contra o 2 veces olímpico e campión do mundo da clase Láser Gustavo Lima.
As de Echegoyen foron terceiras tras derrotar en semifinais o equipo de Rita Gonçalves
O pasado fin de semana celebrouse en Oeiras Lisboa-Portugal la Grand Final de la ADO Series de Match Race cunha presenza destacada dos equipos da selección galega Caixanova de Vela, o formado por Marga Cameselle, Graciela Pisonero e Esperanza Barreiras e o de Tamara Echegoyen, con Sofía Touro e Ángela, esta última tripulación do Equipo Preolímpico Español.
As regatistas galegas non defraudaron, as de Cameselle chegaron á final aínda que foron batidas no último momento polo equipo olímpico nacional luso de Gustavo Lima, campión do mundo de Láser, e tivéronse que conformar cunha nada desdeñable segunda praza. Pola súa banda o equipo de Tamara Echegoyen era terceiro en semifinais tras derrotar o de Rita Gonçalves por 2-1.
O segundo equipo preolímpico patroneado pola catalá Silvia Roca coa galega Lara Cacabelos a bordo, perdía en cuartos de final contra Gonçalves.

No hay comentarios: