miércoles, 13 de febrero de 2008

Beatriz Lence no podio na Semana Olímpica de Andalucía


Do 5 ao 9 de febreiro pasados, celebrouse en augas da baía de Cádiz a III Semana Olímpica de Andalucía – VIII Trofeo de Entroido, unha cita coa vela lixeira de calidade, onde un dos papeis transcendentais recaeu no Equipo de Regatas Caixanova- O Club Marítimo de Canido, coloca no podio a unha das súas figuras máis brillantes, dóbre campiona autonómica de Optimist, Beatriz Lence, que agora forma parte da división de Láser 4.7, xunto con Ana Carnero, clasificada na quinta posición. Lence ocupou a segunda praza nun caixón moi disputado, con regatistas de nivel, mozos promesas do futuro equipo olímpico español de vela.

A nota predominante estivo marcada por unha meteoroloxía adversa, con duras condicións de mar e vento da que non se libraron nin os participantes da Barcelona World Race que atravesaban durante estes días o estreito de Xibraltar no seu retorno para a cidade Condal.

Sen poder disputar todos os días de regatas, realizáronse varias das probas programadas, salientando na primeira xornada unha brillante Ana Carnero, que se poñía líder da cita andaluza. Pronto tomoulle a substitución Beatriz Lence, ratificando o bo momento das galegas. A partir de aí, Lence non se apearía do podio, en dura disputa co vencedor, Daniel González, que xogaba na casa, á igual que a terceira clasificada, Patricia Coro.

Con estes resultados a Escola de Vela Caixanova-Club Marítimo de Canido, comeza unha boa tempada na modalidade do Láser 4.7 baixo a coordinación do seu director Emilio Méndez.

No hay comentarios: