miércoles, 6 de febrero de 2008

Campionato Galego Optimist


Durante o fin de semana pasado celebrouse na Ría de Arousa a edición de 2008 do Campionato Galego de Optimist, organizado polo Liceo Casino de Vilagarcía, coa colaboración da Federación Galega de Vela e a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, coa emoción das regatas vividas na auga nunha cita de grande nivel, onde as opcións do autonómico mantivéronse abertas ata a última manga.
A primeira xornada disputouse o sábado, cun vento que ofreceu o xusto para comezar o campionato, entre 6 e 8 nós, destacando en primeiro lugar a actuación de Patricia Suárez, e un sólido Pedro Martínez, ambos do Real Club Náutico de Vigo, que dominaron todo o percorrido desde os seus inicios. Seguíanlles moi próximos Alejandra Celada, do Club Marítimo de Canido, e Carlos Castelao, do náutico vigués. Con todo, a velocidade de Patricia Suárez, que gañaba con soltura esta primeira proba, deixou a máis da metade da flota fóra de xogo, incluídos algúns membros da Selección Galega da clase, dotando ao Náutico de Vigo do liderado provisional da cita autonómica.

A segunda xornada iniciouse deixando á categoría C en terra, debido a unhas condicións de mar e vento moi adversas ás do inicio do Campionato Galego, con puntas de 18 nós. O campo situouse fóra da dársena para evitar os roles e refachos que se producen no seu interior. A medida que transcorría a mañá as circunstancias meteorolóxicas fóronse recrudecendo, chegándose a alcanzar rexistros de 34 nós, e ondas de máis dun metro. O Club Marítimo de Canido facía pleno nesta segunda proba do rexional, colocando a 3 dos seus patróns entre os 5 primeiros, Alejandra Celada e os irmáns Lence, Miguel e Álvaro, que foron primeira, segundo e quinto, respectivamente. A partir de aí intentouse buscar outra localización máis gorecida para o campo de regatas, cun aplazamento que se converteu en retirada final.

A terceira xornada resultaba decisiva. Tomada a decisión por parte do Comité de saír á mar, aínda que non se desen as condicións mínimas, foi fundamental.

Finalmente, tras as medias de resultados e o descarte aplicado, gañaban o Campionato Galego de Optimist na categoría absoluta, NMiguel Lence en homes, e Alejandra Celada en mulleres, ambos do Club Marítimo de Canido.

Unha xornada moi completa para estos regatistas mais novos. Esperamos que no próximo campionato as rapazas poidan seguir os pasos da nosa compañeira.

No hay comentarios: