jueves, 31 de enero de 2008

470 FEMENINO MAS CERCA DE PEKÍN

As catalás Natalia Vía-Dufresne e Laia Tutzó conseguiron hoxe a praza de país para os Xogos Olímpicos para este ano 2008 e que terá lugar en Pekín.

Pero non está todo aínda de man, xa que queda a regata Princeso Sofía onde decidirase definitivamente se a tripulación española feminina de 470 participarán nas regatas Olímpicas. Agora as tripulacións de Natalia Vía-Dufresne/Laia Tutzó e Marina Gallego/Tamara Echegoyen serán rivais para lograr a praza.

Durante as últimas probas do mundial as cousas foron complicadas para as regatistas, os ventos racheados entre 7 e 10 nós non foron moi favorables para facer as regatas nas mellores condicións, xa que logo Natalia Vía-Dufresne/Laia Tutzó baixaron un posto na clasificación, quedando en decimocuarta posición; e Marina Gallego/Tamara Echegoyen acabaron vigesimonovenas tras acumular hoxe nunha das saídas o seu 3º OCS. Esperamos que repoñan forzas e consigan mellores postos para as súas próximas regatas.

Na categoría Masculina felicitacións especiais aos regatistas canarios Onan Barreiros e Aarón Sarmiento que terminaron o Campionato do Mundo da clase 470 na sétima praza, trala disputa da Medal Race de hoxe. A parella ten hoxe máis perto o billete para os Xogos Olímpicos de Pequín.


Clasificación del Mundial de 470 F 2008

1. Erin Maxwell/Isabelle Kinsolving, USA, 2-(14)-3-7-4-2-8-3-1-8-3-5-8, 54 puntos

2. Giulia Conti/Giovanna Micol, ITA, 1-3-6-4-1-(15)-2-8-11-11-12-3-2, 64 puntos

3. Elise Rechichi/Tessa Parkinson, AUS, 4-1-3-5-9-3-14-19-5-2-5-(25)-10, 80 puntos

...

14. Natalia Via-Dufresne/Laia Tutzó, ESP, 3-13-13-7-16-1-18-7-21-28-6-8-(30), 141 puntos

29. Marina Gallego/Tamara Ehegoyen, ESP, 19-(30)-4-21-6-5-30-11-26-26-25-20-30. 223 puntos'

Clasificación del Mundial de 470 M 2008

1. Nic Asher/Elliot Willis, GBR, 2-2-3-4-3-(13)-6-6,70-6,70-6,70-9-5-2, 56,10 puntos

2. Alvaro Marinho/Miguel Nunes, POR, 5-1-10-3-(15)-9-2-6-3-4-6-6, 57 puntos

3. Gideon Kliger/Udi Gal, ISR, 3-6-15-2-(26)-2-1-3-2-11-6-3-16, 70 puntos



7. Onan Barreiros/Aarón Sarmiento, ESP, 3-1-7-5-4-2-8-20-3-18-12-(24)-8, 91 puntos

No hay comentarios: