viernes, 4 de enero de 2008

PROMOCION DA MULLER

Xunta, Caixanova e Federación Galega de Vela promocionan a participación da muller

A Xunta de Galicia, a través do Dirección Xeral para o Deporte, Caixanova e a Federación Galega de Vela crearon o primeiro Comité Feminino da historia da Vela galega. Aínda que a modalidade deportiva caracterízase pola gran igualdade de condicións, e pola súa gran polivalencia, onde salientan igual número de mulleres e homes, a súa constitución supón un espaldarazo á modernización da institución velística, preocupada en ofrecer a mellor cobertura e servizos a súas federadas.

O Comité Feminino da Federación Galega de Vela está formado por regatistas integradas no seo directivo da entidade, e a súa misión esténdese a outros ámbitos relacionados co deporte da Vela, como é o sector das traballadoras, que desenvolven as súas funcións nos distintos Comités, como son as entrenadoras, oficiais de regatas, xuízas ou árbitros.

Charlas, conferencias e clinics son algúns dos primeiros pasos que neste recén estreado 2008 poñeranse en marcha como primeiras propostas para coñecérense e darse a coñecer.

No hay comentarios: