viernes, 25 de enero de 2008

NATALIA VÍA-DUFRESNE E LAIA TUTZÓ SON DECIMOCUARTAS

Trala primeira xornada de competición do Campionato do Mundo de 470, que se disputa en Melbourne (Australia) e no que toman parte seis tripulacións españolas, os canarios Onan Barreiros e Aarón Sarmiento colocáronse segundos da clasificación. Paco Sánchez e Alejandro Ramos son décimos e Gustavo Martínez Doreste e Dimas Wood van clasificados na 11ª praza.

Na categoría feminina, a bimedallista olímpica Natalia Vía-Dufresne, que fai pouco volveu á carreira olímpica e navega coa tamén catalá Laia Tutzó de tripulante, vai clasificada de momento na 14ª praza da táboa, que lideran as italianas Giulia Conti e Giovanna Micol. As españolas empezaron moi ben o día, cun terceiro, pero na segunda proba tivéronse que conformar cun 13º.

Non tan ben foilles ás outras dúas tripulacións do equipo nacional en 470 F, xa que as xuvenís Tara Pacheco e Berta Betanzos van as 33ª, cun 12 e un 20 nas mangas de onte, entrementres que a parella mallorquino galego composta por Marina Gallego e Tamara Echegoyen conformáronse cun 19º e unha descalificado; en canto se poída descartar subirá na táboa.

Para hoxe están previstas outras dúas probas. O 27 empezarán as seis mangas das rondas finais, coa flota dividida nos grupos Ouro, Prata e Bronce, en cada categoría. O último día, o mércores 30, disputarase a Medal Race, proba final que só corren os dez primeiros, que puntua dobre e que non se pode descartar.

Sorte Compañeiros

No hay comentarios: