jueves, 31 de enero de 2008

REGATA RAID RIAS BAIXAS DE CATAMARANES 2008


O Rías Baixas Raid de Catamaranes celebrarase en augas da Ría de Vigo entre os días 12 e 13 de Xullo do 2008 organizado polo Club de Vela Praia Ladeira (Baiona) coa autorización da Federación Galega de Vela.

Esta edición caracterizarase por comezar ao día seguinte da final do Campionato do Mundo de Catamaranes de Formula 18 ( www.f18worlds2008 ) no que participarán preto de 200 embarcacións e unha proba internacional de catamarán Infantil que rondase as 50 embarcacións.

A flota Galega ronda as 150 unidades e prevense preto de 60 barcos máis que virán do resto de España e Europa.

Para facilitar o maior número de participantes os Punto Pasión Praia teñen unha flota de 27 Barcos (2 fox,8 H15 E 17 Hobie Dragoons) para alugar a aqueles amigos, achegados, flotas de Optimist ou tripulacións procedentes do estranxeiro que desexen tomar parte en una regata que este ano con motivo do Mundial F18 de Nigrán e o Mundial de catamarán Infantil en Baiona reunirá entre 120 e 150 Catamaranes.

Dispoñedes de todo iso en www.riasbaixasraid.com ou podedes acceder mediante o vinculo www.pasionplaya.com

Non o dubidedes, pre-inscribiros xa!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Venga chicas, que somos poquitas pero a dar guerra. Apuntáos. Es una regata divertidísima!!! también se puede alquilar barco! aunque naveguéis en otra clase habitualmente
Una aprendiz de cata