domingo, 24 de febrero de 2008

Segunda victoria consecutiva de “Augas de Mondariz-Avenue Woman Sport” no VIII Trofeo Torre de Hécules


O equipo feminino comeza con forza e n seus adestramentos para as probas de Alto Nivel do Circuíto
O pasado sábado celebrouse en augas da Ría Coruñesa a segunda proba do VIII Trofeo Torre de Hércules organizado polo Real Club Náutico da Coruña.
Máis de 25 embarcacións inscritas para esta regata na que por causas de roles de vento tiveron que aprazar a súa saída ata as 15:05 cunha intensidade de 6 nós que acompañou sen variar significativamente as 8,2 millas que formaban o percorrido marcado polo comité.
O equipo feminino “Augas de Mondariz-Avenue Woman Sport”, celebrou seu segunda victoria consecutiva neste Trofeo, unha inmellorable forma de comezar os seus adestramentos, xa que se atopan en proceso de adaptación a súa nova embarcación –X37- que seguen preparando para competir esta tempada 2008 nas regatas de Alto Nivel do Circuíto.
Pese ao complicado da saída, o “A. de Mondariz-Avenue” soubo manterse na liña e comezou a proba cunha boa posición. Aos poucos tomou vantaxe acadando o primeiro flotador de desmarque en primeiro lugar e continuou no corpo da flota durante toda a proba ata o momento da chegada.
Esta tripulación, completada na súa totalidade por mulleres, disponse a dar que falar, traballando duro nunha competición na que ata fai moi pouco era case exclusiva de homes. O seu patrocinador principal “Augas de Mondariz”, aposta forte polo desafío que todo iso supón, salientando o carácter competitivo de todo o conxunto e a súa gran capacidade de traballo en equipo. Contan coa colaboración de primeiras marcas como Mercedes Benz, Musto, Grupo Cortefiel… e todo iso co protexo de quen orixinou todo este proxecto: Avenue Illustrated, unha revista de alta calidade editada a nivel internacional e que está adicada principalmente, e como non podía ser doutra maneira, á muller.

A chegada das mozas en tempo real foi ás 16h 39' 25'', seguidas do Hansa –X60- de Julian Ojea. En tempo compensado, o “A. de Mondariz-Avenue” de Pilar Casares segue no primeiro posto a 30'' do Raygrass e a 32'' do XGROG.
Cos resultados desta segunda proba do Trofeo, a clasificación Xeral deixa ao “AUGAS DE MONDARIZ-AVENUE.W.S” en primeiro lugar con 2 puntos, en segundo posto, o XGROG de Ricardo Vara con 6 ptos e en terceiro lugar ao RAYGRASS de Jose A. Núñez con 7 ptos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Enhorabuena Chicas!!!
Seguir así y demostrar lo que valeis!

Un saludo